Un local para Asociación Xaruma

Header image
Watch video
Single round Remaining 13 days
Received
€ 3.065
Minimum
€ 6.058
Optimum
€ 19.530
20 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 5

    Nome na web

    Incluiremos o teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 10

    Xabón + nome na web (envío a península)

    Xabón feito na entidade e inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Recompensa solidaria: invita a un/ha participante á actividade "Da horta á cociña" + nome na web

    Esta recompensa repercutirá directamente nunha persoa participante da entidade. Consiste nun vale para a actividade de “Da horta á cociña”, onde aprenderá habilidades básicas para a vida autónoma ao mesmo tempo que se reduce a soidade non desexada. Estas recompensas serán entregadas ás persoas participantes segundo a valoración social do equipo, atendendo a unha repartición equitativa acorde aos recursos de cada persoa.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 30

    Cesta “Semente” de produtos da entidade + nome na web (envío a península)

    Cesta “Semente” de produtos da entidade composto por 2 xabóns, broche, tote bag estampada artesanalmente na entidade e bolsiña multifunción. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 40

    Cesta “Raíces” de produtos da entidade + nome na web (envío a península).

    Cesta “Raíces” de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Cesta "Florecer" + nome na web (envío a Península)

    Cesta "Florecer" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, dúas tote bag estampadas artesanalmente na entidade, xantar connosco, herbas aromáticas, un chaveiro e un obsequio sorpresa. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 60

    Recompensa solidaria: invita a tres participantes á actividade "Da horta á cociña" + nome na web

    Esta recompensa repercutirá directamente en tres persoas participantes da entidade. Consiste nun vale para a actividade de “Da horta á cociña”, onde aprenderá habilidades básicas para a vida autónoma ao mesmo tempo que se reduce a soidade non desexada. Estas recompensas serán entregadas ás persoas participantes segundo a valoración social do equipo, atendendo a unha repartición equitativa acorde aos recursos de cada persoa.

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 70

    Dúas cestas "Semente" + adopción dunha planta do xardín + nome na web

    Dúas cestas “Semente” de produtos da entidade composto por 2 xabóns, broche, tote bag estampada artesanalmente na entidade e bolsiña multifunción (cada unha). Adopción dunha planta do noso xardín. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 80

    Dúo de cestas (Raíces e Semente) + nome na web (envío a Península)

    Cesta “Semente” de produtos da entidade composto por 2 xabóns, broche, tote bag estampada artesanalmente na entidade e bolsiña multifunción.
    Cesta "Raíces" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Dúo de cestas (Raíces e Florecer) + nome na web (envío a Península)

    Cesta "Raíces" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro. Cesta "Florecer" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, tite bag estampada, xantar connosco, herbas aromáticas, un chaveiro, tote bag estampada artesanalmente na entidade e un obsequio sorpresa.
    Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 200

    2 cestas "Florecer" + adopción dunha planta + nome na web (envío a Península)

    Dúas cestas "Florecer" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, dúas tote bag estampadas artesanalmente na entidade, xantar connosco, herbas aromáticas, un chaveiro e un obsequio sorpresa. Adopción de dúas plantas do noso xardín. Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 500

    Trío de cestas (Semente, Raíces e Florecer) + adopción de dúas plantas + lámina "universos" + calendario da entidade + nome na web (envío a Península)
    • Cesta “Semente” de produtos da entidade composto por 2 xabóns, broche e bolsiña multifunción. Cesta Raíces de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro.
    • Cesta "Raíces" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro.
    • Cesta "Florecer" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, dúas tote bag estampadas artesanalmente na entidade, xantar connosco, herbas aromáticas, un chaveiro e un obsequio sorpresa.
    • Adopción de dúas plantas do noso xardín.
    • Lámina da exposición "Universos: un paseo pola saúde mental".
    • Calendario da entidade
    • Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 1.000

    1 praza nun curso + trío de cestas + adopción de dúas plantas do xardín + calendario actividades + nome na web (envío a Península)
    • Unha plaza nun dos nosos cursos de máis de 100 horas.
    • Cesta “Semente” de produtos da entidade composto por 2 xabóns, broche e bolsiña multifunción. Cesta Raíces de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro.
    • Cesta "Raíces" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, xogo portátil, herbas aromáticas, tote bag estampada artesanalmente na entidade e chaveiro.
    • Cesta "Florecer" de produtos da entidade composto por xabón, broche, bolsiña multifunción, dúas tote bag estampadas artesanalmente na entidade, xantar connosco, herbas aromáticas, un chaveiro e un obsequio sorpresa.
    • Adopción de dúas plantas do noso xardín.
    • Calendario da entidade
    • Inclusión do teu nome nos agradecementos de xaruma.org

    A túa participación pode desgravarse! Descubre como facelo na calculadora fiscal!

    > 01 Co-financiers

About this project

En xaneiro teremos que mudarnos a un novo espazo e necesitamos colaboración para pagar os custes do futuro local

Needs Infrastructure Minimum Optimum
30 % do aluguer anual
Esta crifra supón o 30 % do aluguer anual, que ascende a 12.705 €.
€ 3.812
30 % dos consumos de auga e electricidade
Esta cifra supón o 30 % dos consumos anuais estimados de luz e electricidade (2.620 € anuais aprox.: 220 € de auga e 2.400 € de luz)
€ 786
Imposto de lixo
Custe do imposto do lixo para o concello de Vigo. Custe anual.
€ 122
10 % do aluguer anual
Esta crifra supón o 10 % do aluguer anual, que ascende a 12.705 €.
€ 1.271
10 % dos consumos de luz e electricidade
Esta cifra supón o 10 % dos consumos anuais estimados de luz e electricidade (2.620 € anuais aprox.: 220 € de auga e 2.400 € de luz)
€ 262
Instalación de electricidade e iluminación
Se logramos o óptimo, empezaremos coa reforma para crear un novo Xaruma! Esta obra supón a instalación de electricidade e iluminación para poder entrar.
€ 2.316
Instalación de fontanería e saneamento
Se logramos o óptimo, empezaremos coa reforma para crear un novo Xaruma! Esta obra supón a instalación de fontanería e saneamento para poder entrar no local.
€ 5.278
Gastos derivados da obra
Se logramos o óptimo, empezaremos coa reforma para crear un novo Xaruma! En toda obra hai gastos adicionais. Este importe corresponde coas partidas de actuacións previas, xestión de residuos e seguridade e saúde
€ 3.487
Needs Task Minimum Optimum
Custes arquitectura
Custes de arquitectura para a fase I da reforma. Esto inclúe o deseño e coordinación do proxecto de reforma.
€ 908
Custes de xestión
Costes de xestión da plataforma e envío de recompensas
€ 430
Custes de xestión
Costes de xestión da plataforma e envío de recompensas
€ 858
Total € 6.058 € 19.530
Necessary
Supplemental

General information

Xaruma é unha entidade de iniciativa social e sen ánimo de lucro que intervén, principalmente, en saúde mental.

O noso principal obxectivo é potenciar a autonomía e favorecer hábitos sociais e prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade e/ou desempregadas a través de actividades rehabilitadoras e mediombientais, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

Todo isto materialízase mediante os principais proxectos da entidade.

  • Naturalmente: proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma.
  • Fiares: proxecto de intervención familiar no eido da saúde mental.
  • Mentalízate: dinamización sociocultural e integración social para o fomento do voluntariado.
  • Sementando Habilidades: proxecto de incroporación social en saúde mental.
  • Voces Moradas: proxecto de apoderamento feminino en saúde mental.

Actualmente localizámonos no barrio de Teis, en Vigo, onde habitamos un local e un piso, ambos en réxime de cesión.

O piso foi reformado recentemente, parte del grazas ás colaboracións de Goteo. Nel, traballamos diferentes proyectos enfocados principalmente na autonomía das persoas con trastornos mentais e das súas familias. Tamén dinamizamos o barrio (barrio das Flores), pois entendemos que tan só haberá integración real se traballamos coa comunidade. Este espazo seguiremos usándoo, mínimo, ata 2029.

O local de actividades é un espazo amplo e luminoso que consta de unha oficina, un despacho e tres aulas de usos múltiples. Tamén dispomos de 300 metros de horta e xardín. É un espazo cheo de vida que fumos reformando pouco a pouco ao longo dos anos, dándolle cada vez máis calidez e funcionalidade. Tras 13 anos aquí, e por unha cuestión urbanística, toca despedirse deste espazo que nos permitiu atender cada ano a máis de 1000 persoas, dende todas as áreas de Xaruma.

En xaneiro xa non poderemos seguir neste centro de actividades e teremos que mudarnos a outro local. Tras falar con diferentes administracións públicas na procura de cesión, tanto de local como de espazo de horta, obtendo unha imposibilidade de colaboración por esta vía, non nos queda outra opción que alugar un espazo no que poder trasladar a realidade de Xaruma.

Os custes de alugar un local durante un ano elévanse a máis de 10.000 € ao ano. Os cartos que recibimos de subvencións públicas non abondan para este novo gasto da entidade, pois a miúdo tan só se pode solicitar unha pequena porcentaxe de gastos de xestión, que se une ao resto de gastos deste tipo que xa temos. Lanzamos esta campaña de crowdfunding para obter apoio económico para pagar o aluguer, gastos da reforma inicial e outros gastos de mantremento do próximo local durante 2025.

A nosa gran fortaleza radica na antención individual e grupal que realizamos ás persoas coas que traballamos e ás súas familias, ofrecendo un espazo de atención en tempos máis desocupados, como son as tardes e as fines de semana. Por outra banda, e cunha mirada social, fomentamos a creación de contornas saudables para a saúde mental, propiciando o coñecemento de novos vínculos e espazos.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

O principal obxectivo desta campaña é conseguir financiación para sufragar os custes dun local durante o ano 2025, tendo como meta mínima conseguir para a metade do ano. Pero... que é Xaruma?

Xaruma vén de aruma, arume… Significa aroma, cheiro de fragancia, bo olor, algo que queda… Cunhas gotiñas, arrecende.

O noso principal obxectivo é fomentar a saúde mediante a formación para diferentes idades e de integración e promoción da saúde emocional e mental para persoas con trastornos mentais e as súas familias. Actuamos en 6 áreas: integración, formación, participación, normalización lingüística, emprego e igualdade.

Contamos con certificado de calidade ISO 9001 co alcance:

  • Actividades dirixidas á integración social de persoas con discapacidade no ámbito da saúde mental.
  • Deseño e impartición de accións formativas non regradas para a integración social e laboral de persoas con discapacidade.
  • A promoción de actividades de participación cidadá mediante a animación sociocultural e o voluntariado.

No apartado web de Transparencia da nosa web pódense localizar as últimas memorias de actividades e económicas, así como os principais proxectos e a programación para o ano en curso.

Os nosos principais proxectos son:

  • Naturalmente: proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma.
  • Fiares: proxecto de intervención familiar en saúde mental.
  • Mentalízate: proxecto de inserción prelaboral e sociolaboral e intervención na comunidade.
  • Sementando Habilidades: proxecto de formación e incorporación social en saúde mental.
  • Voces Moradas: proxecto de apoderamento feminino en saúde mental.
flores-1.jpg

Why this is important

A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte á tensión normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade (Plan Galego de Saúde Mental 2020-2024).
O 21,6 % da poboación galega presentará algún trastorno mental ao longo da súa vida. Se elevamos esta cifra ao mundo, a porcentaxe será do 25 %. Estímase que, o 70-75 % restante coñecerá os trastornos mentais pola presenza deste en familiares e/ou amizades. Estes trastornos afectan a persoas de calquera idade, condición económica, nivel educativo ou cultural.

Os nosos proxectos van dirixidos a:

    • Persoas con trastornos mentais. En Galicia, o 21,6 % da poboación terá un trastorno mental ao longo da súa vida.
  • Familias das persoas con trastornos mentais. O 85 % dos coidados en saúde mental recaen sobre a familia. A maioría, sobre as mulleres.
  • Voluntariado, que pode exercer a súa labor en todos os proxectos da entidade.
  • Comunidade e alumnado, mediante as accións de divulgación, formación e dinamización.

A nosa principal motivación é seguir garantindo o benestar psicosocial das persoas con e sen trastornos mentais, creando proxectos que promovan o cambio social.

montaje-anna.png

Team and experience

A andadura de Xaruma remóntase ao ano 1996 en forma de escola de tempo libre. Ao ver a gran necesidade que intervención en saúde mental que existía xa nesa época, a entidade comeza a traballar dentro do ámbito e cunha perspectiva baseada na animación sociocultural. Nun desexo de profesionalización máis alá da educación non formal e de acceso a máis recursos, no ano 2010 a entidade convértese tamén en asociación sen ánimo de lucro.

2010: Xaruma nace co proxecto Naturalmente. Accións relacionadas principalmente co ocio saudable e cos respiros familiares.
2013: obtemos a cesión do espazo exterior. Incorpóranse as hortas como espazo terapéutico. Xaruma triplica o seu número de actividades e persoas participantes.
2016: os proxectos aumentan en número de persoas beneficiarias e en implicación horaria. Realizamos respiros no verán de ata 5 semanas.
2020: apostamos por comezar a reformar o piso de actividades. Auméntase o número de actividades de vida autónoma. Inícianse intervencións tamén en Santiago de Compostela. obtemos o noso primeiro certificado de calidade. Nace o proxecto Fiares para intervir coas familias. A pandemia deixou moitas feridas nas persoas que coidan.
2023: empezamos a traballar en dous espazos (piso e local) para poder abrir a lista de espera. Creamos un novo grupo de persoas menores de 30 anos.
2024: abrimos nova vía de colaboración con Melide para dar resposta ás necesidades de áreas rurais.

Detrás de Xaruma hai un equipo de profesionais do social e da educación con ampla experiencia en saúde mental e, sobre todo, con moita motivación por seguir desenvolvendo proxectos centrados na persoa.

Queres ver a curta que fixemos para anunciar esta campaña en versión ampliada e cun bonus extra? Así tamén podes poñerlle cara ás traballadoras! Visalízao neste enlace.

imagen-de-whatsapp-2024-08-07-a-las-12.20.21-52562

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.