¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Altri Non. Por un rural vivo.

1Round Remaining 39 days
Received
£ 842
Minimum
£ 60,111
Optimum
£ 92,056
7 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 9

    O teu nome na sección de agradecementos da nosa web

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 10€, Facenda devólveche 8€, polo que o teu gasto real será de 2€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 17

    Cartaces das manifestacións

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 20€, Facenda devólveche 16€, polo que o teu gasto real será de 4€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 26

    Cartaces das manifestacións + chapa Altri Non

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Tamén terás acceso a una chapa "Altri Non" (a recollida deberá ser en persoa, na Comarca da Ulloa). Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 30€, Facenda devólveche 24€, polo que o teu gasto real será de 6€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 34

    Cartaces das manifestacións + camiseta

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Tamén terás acceso a una camiseta negra de algodón "Altri Non" (a recollida deberá ser en persoa, na Comarca da Ulloa). Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 30€, Facenda devólveche 32€, polo que o teu gasto real será de 8€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 43

    Cartaces das manifestacións + chapa Altri Non + camiseta ecolóxica

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Tamén terás acceso a unha chapa "Altri Non" e a unha camiseta negra de algodón ecolóxico "Altri Non" (a recollida deberá ser en persoa, na Comarca da Ulloa). Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 50€, Facenda devólveche 40€, polo que o teu gasto real será de 10€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 52

    Cartaces das manifestacións + chapa Altri Non + pegatina Altri Non + camiseta ecolóxica Altri Non

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Tamén terás acceso a unha chapa "Altri Non", unha pegatina "Altri Non" e máis unha camiseta negra de algodón ecolóxico "Altri Non" (a recollida deberá ser en persoa, na Comarca da Ulloa). Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 60€, Facenda devólveche 48€, polo que o teu gasto real será de 12€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 69

    Cartaces das manifestacións + chapa Altri Non + pegatina Altri Non + camiseta ecolóxica Altri Non + bandeira Altri Non

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa, a través de correo electrónico, os increíbles cartaces das manifestacións celebradas ata o de agora. Tamén terás acceso a unha chapa "Altri Non", unha pegatina "Altri Non", unha bandeira "Altri Non" e máis unha camiseta negra de algodón ecolóxico "Altri Non" (a recollida deberá ser en persoa, na Comarca da Ulloa). Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 80€, Facenda devólveche 64€, polo que o teu gasto real será de 16€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 86

    Roteiro por proxecto de cestería

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa:

    • "Roteiro pola finca da cesteira Lola Tourón e presentación da Asociación As Espigadoras". Sábado 19 de xullo. Para 20 persoas (máximo).. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lola Tourón adídicase profesionalmente a manter viva a arte da cestería, transmitindo os seus coñecementos sobre técnicas de texido e identificación de materiais dende o ano 2003. A súa experiencia nútrese dende a recollida de coñecementos tradicionais, visitando os fogares das nosas avoas cesteiras, ata formacións de carácter internacional en Polonia, Alemania, Dinamarca, etc… Lola Tourón imparte obradoiros de iniciación e perfeccionamiento de cestería tradicional con diferentes materiais (centeo, silva, bimbio, papel, tea, cables, etc…) Ademais, realiza espectaculares estruturas vivas, valados en hortas, etc…

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 100€, Facenda devólveche 80€, polo que o teu gasto real será de 20€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 129

    Participación en obradoiro de xabón artesanal

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa:

    • " Obradoiro de xabón artesanal para 6 persoas (máximo) ó sábado 9 de agosto pola mañá. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Pilar Naveira é unha veciña do Concello de Antas de Ulla que dende que chegou a comarca estivo moi vinculada coa defensa do territorio e coas elaboración artesanais. Non perdas esta oportunidade de asistir a un obradoiro de cosmética natural nun entorno moi especial para seguir aprendendo novas técnicas respetuosas co entorno no que vivimos.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 150€, Facenda devólveche 120€, polo que o teu gasto real será de 30€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 129

    Participación en obradoiro sobre plantas medicinais

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa:

    • "Saboreando Milhulloa": Visita guiada o venres 18 de xullo ás instalacións de Milhulloa, charla sobre plantas tradicionais e medicinais e degustación de especias, infusións e grelo deshidratado Milhulloa. Para 20 persoas (máximo).. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Chusa Expósito e Carmela Valiño son dúas mulleres que hai máis de 20 anos apostaron pola comercialización de plantas menciñais e especias no rural galego. Referentes do emprendemento no rural galego e como moitos máis proxectos incluídos aquí cun alto risco de verse afectadas pola instalación do macroproxecto de Altri. Unha visita obrigada para ver cos teus propios ollos onde están os proxectos que verdadeiramente engaden valor á nosa terra.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 150€, Facenda devólveche 120€, polo que o teu gasto real será de 30€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 172

    Participación en obradoiro de coiro

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa

    • "Obradoiro de artesanía de coiro con Santi Besteiro. Para 20 persoas (máximo). Data por confirmar. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Santiago Besteiro, Premio Nacional de Artesanía, na categoría Emprendemento (2022) dedícase ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade realizadas con materiais naturais e biodegradables. O seu traballo céntrase no coiro combinado con outros materiais como a pedra ou a madeira, primando a investigación con novas formas e materiais, un deseño simple e funcional e buscando ofrecer os máis altos estándares de calidade. No taller mantén dúas liñas de produtos: por unha banda, á marroquinería e, pola outra, pezas escultóricas e dedicadas á decoración de interiores. Actualmente, traballa realizando prototipado e investigación de novos produtos para clientes coma Loewe, que en xuño deste mesmo ano 2022 presentouno no Salón do Moble de Milán como novo artesán colaborador.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 200€, Facenda devólveche 160€, polo que o teu gasto real será de 40€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing £ 215

    Visita guiada a proxecto de apicultura

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa:

    -Visita guiada para 20 personas (máximo) no Espírito da Colmea (maio de 2026). A apicultora poñerase en contacto con vós a través do correo electrónico.. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Natalia Varela foi muiñeira durante anos e nas paredes dese muíño atopou abellas salvaxes, o que deu paso ao seu próximo proxecto, ser apicultora no Espírito da Colmea. Este proxecto nace co espírito de protexer as abellas, o territorio e a súa biodiversidade, por iso proponnos unha visita inmersiva nas súas colmeas. A experiencia terá lugar nun colmear de exploracion situado nunha das fincas de bosque autóctono custodiado por Quercus Sonora e terá duas horas de duración, onde poderedes sumerxirvos nunha colmea e aprender dos ritmos e formas de facer das abellas.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 250€, Facenda devólveche 200€, polo que o teu gasto real será de 50€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 258

    Visita guiada a Granxa Maruxa + degustación productos lácteos

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa
    -Visita guiada para 15 personas (máximo) á Granxa Maruxa e degustación de productos lácteos o sábado 16 de agosto.. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    É difícil descreber Granxa Maruxa. Un proxecto que comezou hai máis de 20 anos da mán de Marta Álvarez collendo o relevo da granxa do seu pai. Marta fixo da súa vida un abano de proxectos empresariais diversos enchendo a comarca da Ulloa de vida, traballo respetuoso coa contorna, que hoxe se formaliza en proxectos colectivos con outras mulleres como Sen Máis, Muuulhoa e Milhulloa. Marta impregna todo o que fai co agarimo e profesionalidade a partes iguais. Esta recompensa é unha xoia da comarca, non perdas o tempo e dalle ao click!

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 300€, Facenda devólveche 220€, polo que o teu gasto real será de 80€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 343

    Visita guiada á Lagoa de Quintas

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa:
    -Visita guiada, da man do biólogo Iván Orois, á Lagoa de Quintas, colindante coa Finca de Quintas (onde se proxecta a instalación de Altri). Para 25 personas (máximo). Data por determinar. Obterás tamén, como recompensa, a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    A finca de Quintas, parcela onde se proxecta Altri, acolle a numerosas especies ameazadas, varias delas endemismos únicos no mundo: aves, anfibios e flora.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 400€, Facenda devólveche 260€, polo que o teu gasto real será de 140€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 429

    Convite á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa un convite á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva (data por determinar). Obterás tamén, como recompensa, o paquete completo de merchandising e a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 500€, Facenda devólveche 300€, polo que o teu gasto real será de 200€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 644

    Convite á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa un convite, para 2 persoas, á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva (data por determinar). Obterás tamén, como recompensa, o paquete completo de merchandising e a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 750€, Facenda devólveche 400€, polo que o teu gasto real será de 350€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 859

    Convite á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa un convite, para 3 persoas, á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva (data por determinar). Obterás tamén, como recompensa, o paquete completo de merchandising e a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 1000€, Facenda devólveche 500€, polo que o teu gasto real será de 500€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing £ 1,717

    Convite á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva

    Grazas pola túa aportación. Con ela continuamos, a través da vía xudicial, coa loita pola defensa das comarcas afectadas e do río Ulla. Grazas por seguir connosco para a conservación da nosa terra e noso xeito de vivir. Queremos ofrecerlle aos nosos avós, irmáns e fillos e fillas a oportunidade de vivir nunha Galicia máis limpa e con menos macroproxectos que ameacen a vida. Grazas por confiar en nós. Imos levar a túa voz aos tribunais e berrar ben forte: "Altri nin aquí ni en nighures".

    Con esta aportación obterás como recompensa un convite, para 4 persoas, á foliada de celebración da Plataforma Ulloa Viva (data por determinar). Obterás tamén, como recompensa, o paquete completo de merchandising e a presenza do teu nome na sección de agradecementos da páxina web da Plataforma Ulloa Viva.

    Lembra que a túa aportación desgraba. Cunha aportación de 2000€, Facenda devólveche 900€, polo que o teu gasto real será de 1100€. Para + información: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

Campaña para financiar a estratexia xudicial da Plataforma Ulloa Viva para frear a instalación da macrocelulosa de Altri

Needs Task Minimum Optimum
Informes periciais
Precisamos estes cartos para contratar peritos de recoñecemento nacional e internacional para a elaboración de informes periciais para o xuízo. Estes informes serven de axuda ao xuíz durante o proceso xudicial para determinar os aspectos técnicos do caso. Neste senso, avaliarán o impacto real que tería a factoría de Altri en caso de instalarse na Ulloa.
£ 60,111
Equipo de avogados
Para a implementación da vía xudicial temos que contratar un equipo legal para levar as causas e apelacións necesarias para poder parar a aprobación definitiva do proxecto e a súa posta en marcha.
£ 25,762
Gastos de Crowdfunding
Porcentaxe para Fundación Goteo (6% do total recadado) e comisións bancarias (0,8% por cada aportación).
£ 6,183
Total £ 60,111 £ 92,056
Necessary
Supplemental

General information

A ameaza

A empresa Altri quere instalar unha enorme factoría de celulosa no centro xeográfico de Galicia, lindando coa Serra do Careón, na provincia de Lugo, unha Zona de Especial Conservación da Rede Natura. É decir, unha zona que pola súa importancia medioambiental, debe ser especialmente protexida. O resultado da implantación da macrocelulosa de Altri sería o de contar coa fábrica de maior volume de produción de celulosa soluble de Europa e a cuarta do mundo, como se observa a continuación:

  • Durban (Sudáfrica, Sappi), 850.000 T/ano
  • Valdivia (Arauco, Chile) 550.000 T/ano
  • Lenzing (Brasil, Lenzing Group), 500.000 T/ano
  • Palas de Rei (España, Greenfiber) 400.000 T/ano
  • Lenzing (Austria, Lenzing Group). 320.000 T/ano
  • Paskov (Chequia, Lenzing Group), 285.000 T/ano
  • Mörrum (Suecia, Sodra) 170.000 T/ano
  • Hallein (Austria, Austrocel) 160.000 T/ano
  • Constância (Portugal, Altri-Caima) 125.000 T/ano**

O territorio ameazado

A Comarca da Ulloa non é en absoluto unha comarca atrasada nin empobrecida, senón que conta cunha economía diversificada, unha taxa de paro preto do 5% da poboación activa e unha intensa e modernizada actividade no sector primario, que dá traballo ao 22% dos seus habitantes, moi por riba da media galega (6,3%). Ademais, conta tamén cun enorme ecosistema de iniciativas de economía social e solidaria innovadoras en diferentes eidos de actividade (ecoagroturismo, alimentación sostible, custodia do territorio, etc.).

As cifras

Financiación pública

  • 250 millóns de euros de cartos público piden para a súa posta en marcha. 250 millones dos fondos Next Generation que servirán para levar ao colapso a un entorno natural.

Auga

  • 46 millóns de litros de auga extraerá ao día esta megafábrica de celulosa do río Ulla. Tanto como consume toda a poboación da provincia de Lugo.

  • 30 millóns de litros de augas residuais contaminadas verterá de volta ao río Ulla. Non só abusará da agua, tan necesaria en tempo de seca, senón que contaminará a que queda.

Terra

  • Ocupación de 360ha de terreo con características únicas, e 12,5 km de canalización, que atravesaría a Rede Natura 2000.

Aire

  • Emisión de 8.754 kg de gases contaminantes e material particulado diarios á atmósfera, que teremos que respirar, e acabaría na terra e na auga.

  • 75 metros de altura terá a cheminea que van instalar ao lado do Camiño de Santiago para liberar á atmosfera xofre, óxidos de xofre, óxidos de nitróxeno, monóxido de carbono e material particulado.

Biodiversidade

  • 2,4 millóns de toneladas de eucalipto chegarán a precisar. Este aumento brutal da demanda obligará a encher aínda máis terreo galego deste monocultivo de eucalipto que tanto dano está facendo á biodiversidade do norte da Península, e que aumenta o perigo e a virulencia dos lumes en Galicia, como vemos cada ano.

Emprego

  • O proxecto GAMA de Altri-Greenalia impacta dende o nacemento do río Ulla no corazón de Galicia ata a desembocadura do río Ulla, na Ría de Arousa. Fronte aos 500 empregos directos e os 2.500 indirectos que din que crearían os promotores do proxecto GAMA, na Ría de Arousa hai 1.540 mariscadoras a pé, 1.558 embarcacións pesqueiras e marisqueiras, 2.319 bateas de mexilón e 140 operadores e operadoras rexistradas no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Todo o anterior, sumado ás mariscadoras e permisos de explotación doutras actividades, suman unha cifra de 19.000 empregos directos. Ademáis, o sector do mar xera en terra outros 50.000 postos de traballo indirectos, que tamén poñería en perigo o proxecto impulsado por Altri-Greenalia.

  • Fronte aos 500 empregos directos e os 2.500 indirectos que din que crearía, a macrocelulosa de Altri-Greenalia destruiría milleiros de postos de traballo relacionados coa produción alimentaria. As comarcas afectadas presentan unha gran vitalidade económica asentada sobre un sector primario innovador e de vangarda, que este proxecto pon en risco. Galicia conta con 26.067 explotacións gandeiras, das que 4.087 (o 15,6% do total) están ubicadas nos territorios onde a fábrica promovida por Altri-Greenelia aspira a instalarse, xerando miles de empregos directos e indirectos. Concretamente, actualmente hai máis de 5.000 granxas produtoras de alimentos nun radio de 30 kilómetros en torno á ubicación que tería o proxecto GAMA.

A resposta

A Plataforma Ulloa Viva é unha organización veciñal, respaldada por centos de organizacións así como por máis de 1.500 persoas que durante os últimos meses se asociaron á Plataforma.

Actualmente opoñémonos ao proxecto de instalación dunha macrocelulosa (proxecto Greenfiber-Altri) que, lonxe do publicitado e anunciado orixinalmente, suporía a produción de ata 400.000 toneladas de celulosa soluble e 200.000 toneladas de fibra téxtil lyocell, ademais de outros produtos, nun proceso produtivo que suporía un elevado impacto negativo, ambiental e socio-económico, tanto respecto dos consumos (eucaliptos, auga) como dos contaminantes e emisións e a incidencia do proxecto sobre a situación socio-económica do seu entorno .

Debido aos seguros impactos na calidade e condicións de vida, non só nas comarcas máis directamente afectadas (Ulloa, Melide, Deza) senón noutras de todo o territorio galego, así como á opacidade que manteñen a empresa, o Goberno galego e o Goberno estatal dende abril de 2022, data na que se anunciou o proxecto, gran parte do tecido asociativo local, e milleiros de persoas de todo o territorio galego, consideramos imprescindible xerar un proceso de información sobre os impactos ecolóxico-ambientais, socio-económicos, demográficos e paisaxísticos que tería a instalación desta fábrica directamente no noso territorio, e indirectamente en moitos outros lugares de Galicia polos que discorre o río Ulla (ata a desembocadura na ría de Arousa), así como todo o territorio polo que se estendería o monocultivo intensivo de eucalipto.

Este proceso de mobilización e organización social ten o seu máximo expoñente nas seguintes accións levadas a cabo:

  • Durante o proceso de información pública, presentáronse máis de 25.000 alegacións, representando o maior número de alegacións presentadas a un proxecto na historia democrática de Galicia, e sendo tamén un dos proxectos cun maior número de alegacións presentadas no estado español.

  • Convocatoria de catro manifestacións masivas. A primeira, en maio de 2024, en Palas de Rei, cunha asistencia de máis de 20.000 persoas. A segunda e a terceira, en Santiago de Compostela, en xuño e decembro de 2024, con máis de 30.000 e 100.000 participantes respectivamente. A cuarta, en marzo de 2025, en A Pobra do Caramiñal, con máis de 30.000 asistentes. Ambas manifestacións celebradas en Palas de Rei e A Pobra do Caramiñal poden considerarse dúas das maiores manifestacións na historia da Galicia celebradas en concellos distintos das cidades.

Tendo en conta todo o anterior, os recursos económicos a obter a través desta campaña de financiación colectiva servirá para a afrontar con solvencia económica, técnica e xurídica as diferentes accións, administrativas e, sobre todo, xudiciais que a Plataforma Ulloa Viva considere necesario emprender contra das resolucións administrativas de autorización que poidan ser concedidas á macrocelulosa así como, no seu caso, o outorgamento de subvencións públicas á mesma. Entre as principais accións xurídicas inclúense a impugnación xudicial, como mínimo, de 3 actos administrativos: captación de augas, Autorización Ambiental Integrada (AAI) e Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

Neste sentido, interporanse cantas accións administrativas e xudiciais procedan contra dos actos administrativos anteriores: recurso administrativo de alzada (contra da AAI), recursos contencioso-administrativos e demandas no Xulgado (captación de augas) e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (AAI e PIE) e, dentro deses procesos xudiciais, as solicitudes de paralización cautelar das concesións, autorizacións e proxectos, así como a elaboración de informes técnicos periciais.

Tamén, no suposto de outorgamento de subvencións públicas (quer ao amparo dos fondos de descarbonización, quer como axuda directa como proxecto importante de interese comunitario) interporanse as accións administrativas e xudiciais que correspondan.

Por último, en caso de que a deriva do proceso de Autorización Ambiental Integrada (AAI) dese lugar a que a financiación obtida a través desta campaña non fose necesaria, levaríase a cabo un proceso participativo entre as persoas socias da Plataforma Ulloa Viva, para decidir a que proxectos do territorio destinar ditos cartos.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

A Plataforma Ulloa Viva constitúese coma unha organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, cuxos fins principais son:

a) Defensa do patrimonio natural da comarca da Ulloa e por extensión do patrimonio natural e da biodiversidade galega.
b) Defensa do río Ulla, que nace na comarca da Ulloa, fonte de patrimonio inmaterial e natural e ao redor do cal se articula a vida da comarca.
c) Difusión, defensa e protección do patrimonio histórico-artistico e cultural e por extensión de calquer agresión ao patrimonio material e inmaterial da Ulloa.

Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:

a) Promover actividades de difusión nas que se poña en valor a riqueza natural, inmaterial e historico-artistico e cultural da Ulloa. Exemplo destas actividades son a impartición de ducias de actos e actividades informativas por todo o territorio galego (roldas de prensa, campañas en redes sociais, palestras, mesas informativas, percorrido polas parroquias, etc.)
b) Realizar as actividades e accións que esten dentro do ámbito de actuación da plataforma, si se detecta algunha agresión contra o patrimonio natural da Ulloa ou da súa contorna, que afecte directa ou indirectamente ao territorio da comarca. Exemplo destas actividades son a organización de manifestacións masivas en Palas de Rei, Santiago de Compostela e A Pobra do Caramiñal.
c) Promover actividades en defensa do rio Ulla e da súa conca se afectara gravemente ao alto Ulla.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

Tendo en conta todo o anterior, os recursos económicos a obter a través desta campaña de financiación colectiva servirá para a afrontar con solvencia económica, técnica e xurídica as diferentes accións, administrativas e, sobre todo, xudiciais que a Plataforma Ulloa Viva considere necesario emprender contra das resolucións administrativas de autorización que poidan ser concedidas á macrocelulosa así como, no seu caso, o outorgamento de subvencións públicas á mesma. Entre as principais accións xurídicas inclúense a impugnación xudicial, como mínimo, de 3 actos administrativos: captación de augas, Autorización Ambiental Integrada (AAI) e Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

Neste sentido, interporanse cantas accións administrativas e xudiciais procedan contra dos actos administrativos anteriores: recurso administrativo de alzada (contra da AAI), recursos contencioso-administrativos e demandas no Xulgado (captación de augas) e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (AAI e PIE) e, dentro deses procesos xudiciais, as solicitudes de paralización cautelar das concesións, autorizacións e proxectos, así como a elaboración de informes técnicos periciais.

Tamén, no suposto de outorgamento de subvencións públicas (quer ao amparo dos fondos de descarbonización, quer como axuda directa como proxecto importante de interese comunitario) interporanse as accións administrativas e xudiciais que correspondan.

gimp-altri.jpg macrocelulosa-de-altri-palas-de-rei.jpg

Why this is important

Dende o comezo, a nosa demanda de transparencia ás administracións públicas e á propia empresa promotora é un dos motivos polos que a veciñanza confía na Plataforma Ulloa Viva. Adentrándonos na análise do proxecto presentado polos promotores ante a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, trátase dun documento mal organizado, mal indexado e cheo de repeticións. Trátase dun documento pouco sistemático dende o punto de vista dos requisitos científicos e técnicos que debe ter un proxecto de tal magnitude coma este. Ao longo das súas máis de 5.000 páxinas, o documento apenas presenta referencias científicas ou bibliográficas que avalen o proxecto, polo que podemos definilo como un documento, en moitas ocasións, fundamentado nun discurso pseudocientífico e paratécnico, sen bases científicas rigurosas.

Máis aló do anterior, a normativa estipula oficialmente que todas as accións que se realicen dentro do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) deberán cumprir co principio de non causar danos significativos aos seguintes obxectivos ambientais contidos no artigoo 17 do Regulamento 852/2020 ( Principio DNSH), en materia de inversións sostibles.

Dito Regulamento establece no seu artigo 9 cales son eses 6 obxcetivos ambientais que os proxectos deben respectar (non afectar negativamente a un ou varios) para ser considerados inversións sostibles e, en consecuencia, ser financiados polo PERTE: A. mitigación do cambio climático; B. adaptación ao cambio climático; C. uso sostible e protección da auga e os recursos mariños; D. transición cara unha economía circular; E. prevención e control da contaminación; F. protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

Pola súa parte, a guía técnica da Comisión Europea establece, entre as indicacións para xustificar a adecuación ao principio DNSH, aa necesidade de considerar os efectos directos e indirectos da actividade ao longo do seu ciclo de vida, algo que o proxecto Altri non fai.

A análise técnica e rigurosa que está realizando a Plataforma Ulloa Viva a través dun equipo de profesionais adicados a analizar as máis de 5.000 páxinas do proxecto, amosa múltiples evidencias de que o proxecto Altri incumpre claramente, polo menos, catro destes seis obxectivos. O Regulamento 852/2020 establece que para ser financiado calquera proxecto deberá respectar os 6 obxectivos ao mesmo tempo.

Concretamente, dende a Plataforma Ulloa Viva presentamos en Bruselas unha denuncia ante a Comisión de Peticións argumentando que o proxecto de Altri de Palas de Rei vulnera sete Directivas europeas:

  • Directiva 91/676/CEE de Nitratos
  • Directiva Marco da Auga 2000/60/CE
  • Estratexia da Biodiversidad 2030
  • Directiva 2024/2881de Calidade do Aire
  • Directiva 92/43/CEE de Hábitats
  • Directiva 2009/147/CE de Aves
  • Directiva IPPC 010/75/UE de Emisións Industriais

A quen vai dirixido este proxecto
Esta campaña vai dirixida a todas as persoas conscientes das ameazas que representa este proxecto de macrocelulosa de Altri, non só para a Comarca da Ulloa, na que se proxecta a ubicación do mesmo, senón tamén para todo o territorio bañado polo río Ulla ata a súa desembocadura na Ría de Arousa.

480708570-627974879985680-8494534821468399834-n.jp 482831423-638170248966143-7696465692546742350-n.jp

Team and experience

A Plataforma Ulloa Viva é unha organización veciñal e apartidista, respaldada por centos de organizacións e conformada por máis de 1.500 persoas que durante os últimos meses se asociaron á Plataforma. Temos en común o desexo de habitar nun rural vivo, diverso e sostible, e para contribuir á esta causa organizamos esta campaña de financiación colectiva.

Dende o momento no que se coñeceu, a través da prensa, os plans da Xunta de Galicia e da multinacional Altri para construir a macrocelulosa, a Plataforma Ulloa Viva adquiriu a responsabilidade de organizar á veciñanza, informar, traducir, sensibilizar e representar aos veciños e veciñas, así como a calquera persoa afectada por este macro proxecto, declarado pola Xunta de Galicia como Proxecto Industrial Estratéxico (PIE).

A Plataforma Ulloa Viva, en colaboración con ducias de persoas e organizacións expertas, ten analizado o conxunto da documentación elaborada polas empresas promotoras (Autorización Ambiental Integrada, concesión de augas, etc.). A maiores, temos elaborado informes técnicos e presentado alegacións á concesión de augas e ao proxecto industrial.

Neste camiño, a Plataforma Ulloa Viva ten solicitado a persoación en todas as fases do procedemento administrativo para poder acceder aos informes e poder presentar alegacións en toda a fase de instrucción do proxecto. Ten tamén solicitado a obtención de información de organismos públicos e privados aos que lles foi solicitada a elaboración de informes sectoriais.

Ademais, a Plataforma Ulloa Viva presentou o pasado mes de setembro de 2024 unha denuncia fronte á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, adxuntando un completo informe sobre o proxecto da macrocelulosa de Altri-Greenalia “e os incumprimentos de varias directivas comunitarias”. A petición da Plataforma Ulloa Viva está publicada no Portal de Peticións e pode ter adhesións.

img-20240322-wa0108.jpg 480787052-626388180144350-2864572094363818355-n.jp 481450439-626442853472216-3180180808169299256-n.jp 481666856-634787845971050-8592606378049263310-n.jp

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Life Below Water

    Careful management of this essential global resource is a key feature of a sustainable future.

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Sustainable Cities and Communities

    There needs to be a future in which cities provide opportunities for all, with access to basic services, energy, housing, transportation and more.

  • Industry, Innovation and Infrastructure

    Investments in infrastructure are crucial to achieving sustainable development.

  • Decent Work and Economic Growth

    Sustainable economic growth will require societies to create the conditions that allow people to have quality jobs.

  • Affordable and Clean Energy

    Energy is central to nearly every major challenge and opportunity.

  • Clean Water and Sanitation

    Clean, accessible water for all is an essential part of the world we want to live in.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss