A longametraxe documental ‘Reboiras. Acción e corazón’ constrúe a memoria de Xosé Ramón Reboiras Noia a través de testemuños de persoas que o coñezeron de primeira man, de secuencias ficcionadas que revivirán momentos de grande relevancia na súa vida e a través de fotografías, documentos e fragmentos audiovisuais dos anos 70.
O filme utilizará así varios tipos de recursos propios do xénero documental para retratar o compromiso coa defensa da soberanía galega de Moncho Reboiras.
Somos sabedoras e sabedores da dificultade de contarmos con material gráfico e audiovisual do momento, dado que a represión da ditadura franquista e máis a carestía de material técnico audiovisual facían moi complicado poder realizar naquela altura un traballo de documentalismo sobre o movemento nacionalista e antifranquista.
Así pois, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que garden filmacións ou fotografías nas que poidamos apreciar escenas da loita democrática coetáneas á época de actividade de Moncho Reboiras e que quixeran colaborar con este exercicio de recuperación e posta en valor da historia reciente da Galiza.
Esta é unha das dificuldades que afronta este traballo documental e que gostariamos de afrontar coa colaboración de todas as persoas que respondan a este chamamento.
Todas as persoas que posúan arquivos fílmicos e fotográficos e queiran participar deste proxecto de recuperación da memoria histórica arredor da imaxe de Moncho Reboiras, poden facelo poñéndose en contacto a través das redes sociais do proxecto ou enviando un email a filme@reboiras.gal
Obrigado!