Cara amiga, caro amigo.
Agardamos que te atopes ben nestes tempos complexos que estamos a vivir e que en poucas semanas nos podamos ver na rúa outra vez.
Alégranos poder informar de que todos os traballos para a creación do filme culminaron con éxito, obtendo unha obra de grande calidade artística e técnica que esperemos, faga xustiza ao contributo de Xosé Ramón Reboiras Noia.
O pasado 18 de abril era o día que a Fundación Terra e Tempo tiña previsto realizar a preestrea do filme. Un acto ao que queriamos convidar todas as persoas que coma ti, colaboraron co micromecenado. Porén, debido ao confinamento, non chegamos a enviar os convites. Esperamos poder comunicarvos unha nova data nos vindeiros meses.
Agora estamos traballando na preparación da revista Terra e Tempo que acollerá unha reedición -ampliada e corrixida- do libro editado en 2009 Moncho Reboiras e o nacionalismo galego nos anos 70, que é un dos obsequios que recibirán aquelas persoas que realizaron doazóns de 20 euros ou superiores. Con todo, dada a situación sanitaria, este traballo vai sufrir un pequeno retraso.
Tanto o filme como a revista verán a luz en 2020, cando se fan os 45 anos do asasinato de Xosé Ramón Reboiras Noia. Como moi tarde, no último trimestre deste ano entregaranse estes e os outros obsequios que che corresponden por ter financiado esta obra.
Esperando vernos pronto, recibe uha forte aperta.
Fico ao teu dispor para esclarecer calquera dúbida
Alberte Mera
Director do filme