¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Pomba, a que non era

Header image
Watch video
Single round Remaining 20 days
Received
$ 49,481
Minimum
$ 116,552
Optimum
$ 148,338
71 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 42

    Graciñas 🥰

    Graciñas por apoiarnos con este pequeno aporte.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 424

    Libro galego (anticipada) 📔

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Unha copia do libro "Pomba, a que non era" en galego

    _

    Como agradecemento por confiar dende o principio en nos, facémosche unha pequena rebaixa.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 18 Co-financiers
  • Contributing $ 530

    Libro galego 📔

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Libro "Pomba, a que non era" en galego

    _

    Con máis de vinte páxinas en cor, acompañadas polo poema escrito por Lucía na súa caligrafía e con imaxes do proceso e lista de colaboradores ao final.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 19 Co-financiers
  • Contributing $ 530

    Libro Castelán 📔🇪🇸

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Libro "Pomba, a que non era" en castelán

    _

    Con máis de vinte páxinas en cor, acompañadas polo poema escrito por Lucía na súa caligrafía e con imaxes do proceso e lista de colaboradores ao final.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 10 Co-financiers
  • Contributing $ 530

    Libro en Fala Eonaviego 📔

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Libro "Pallombía, la que non era" Fala Eonaviego

    _

    Con máis de vinte páxinas en cor, acompañadas polo poema escrito por Lucía na súa caligrafía e con imaxes do proceso e lista de colaboradores ao final.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 742

    Libro asinado e adicado 📔✏️

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Libro "Pomba, a que non era" en galego
    • Asinado e adicado polas autoras

    _

    Libro en galego coa firma das autoras e unha pequena dedicatoria.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 16 Co-financiers
  • Contributing $ 1,271

    Libro asinado + Agradecementos 📔✏️💐

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Libro "Pomba, a que non era" en galego
    • Asinado e adicado polas autoras
    • O teu nome en cada copia vendida

    _

    Ademais de recebir o libro firmado, o teu nome aparecerá nas últimas páxinas do libro.
    O prezo inclúe o custo do envío nacional.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 08 Co-financiers
  • Contributing $ 5,298

    Contacontos 👥 + Lote 10 libros 📔✏️💐x10

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • Contacontos recitado por unha das autoras, na Mariña Lucense ou Occidente Asturiano
    • 10 Libros "Pomba, a que non era" en galego, castelán ou fala eonaviego
    • Asinado e adicado polas autoras
    • O teu nome en cada copia vendida nun lugar destacado

    _

    Se resides na Mariña Lucense ou Occidente de Asturias, podes disfrutar dunha sesión de contacontos con unha das autoras do libro, Lucía Ferro ou Andrea Lombardia, e recibir 10 copias do libro en galego, castelán ou fala eonaviego. Ademáis, aparecerás nun lugar destacado na lista de agradecementos nunha das últimas páxinas do libro.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 9,006

    Lote de 20 libros 📔✏️💐x20

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • 20 Libros "Pomba, a que non era" en galego
    • Asinado e adicado polas autoras
    • O teu nome en cada copia vendida nun lugar destacado

    _

    Ademáis de aparecer nun lugar destacado na lista de agradecementos nunha das últimas páxinas do libro, recibirás 20 exemplares do libro "Pomba, a que non era" na súa versión en galego.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 9,006

    Lote de 20 libros en castelán 📔🇪🇸✏️💐x20

    Con este aporte recibirás no teu enderezo:

    • 20 Libros "Pomba, a que non era" en castelán
    • Asinado e adicado polas autoras
    • O teu nome en cada copia vendida nun lugar destacado

    _

    Ademáis de aparecer nun lugar destacado na lista de agradecementos nunha das últimas páxinas do libro, recibirás 20 exemplares do libro na súa versión en castelán.

    _

    A túa participación pode desgravarse! Descobre como facelo AQUÍ.

    > 00 Co-financiers

Superamos o 25%!!!

24 | 11 | 2025
Superamos o 25%!!!

Esta noite pasada acadamos a cuarta parte do total necesario para que este proxecto saia adiante. Non o fixemos por obra de maxia, conseguímolo porque todos vós contribuístes coa vosa achega e apoio. O evento do domingo, no que tivemos a sorte de contar con dúas profesionais da saúde mental demostrou a importancia de que existan contos como este e animounos moito a continuar esforzándonos porque ocorra.

Durante meses, Andrea e máis eu estivemos traballando na escolla de obxectos, na simboloxía, nas cores, nun cento de detalles que completasen cada recanto desta obra para que fose algo máis que un conto. Tanto nos mergullamos nel que case se me esqueceran as sutilezas. Porén, dende que lanzamos a campaña e o mostramos ao mundo, tamén na charla logo do evento de onte, todos vós fixésteisme lembrar moitas cousas:

  • Que a decisión de crear un ambiente tradicionalmente galego no faiado da Pomba ten máis repercusión do que pensaba. Non é só o feito de vernos reflectidos na literatura que transmitimos ás novas xeracións, é tamén unha forma de crear vínculo entre a infancia e a adultez.
  • Que este conto non só serve para axudar a aquelas crianzas que sufran algún tipo de abuso, tamén pretende inspirar empatía naquelas que emiten os abusos, pois a miúdo é unha simple falta de comprensión que pode ser emendada.
  • Que un libro como este non é só para pais e nais, tamén é para educadores infantís ou de primaria, para psicólogos, para educadores sociais, para pediatras, para calquera persoa preocupada polo ben estar da infancia.

E sobre todo, que a pesar do compromiso que supón embarcarse nun proxecto deste tamaño, merece a pena, pois unha acaba vendo que o que uns ven como obsesións absurdas, outros valórano como motor de cambio social.

Reitero o noso agradecemento absoluto e pídovos que non nos abandonedes e continuedes difundindo o proxecto en calquera lugar onde a xente comparta esta nosa preocupación. Nós seguiremos loitando por acadar o 100% e así poder entregarvos esta fermosura con todo o noso cariño.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario