Sorpresas ao longo do camiño e coidado de linguas minoritarias
Cando comezamos este proxecto non nos imaxinábamos cantas cousas bonitas iamos a facer e moito menos cantas fermosas casualidades se ían a dar. Preparando a presentación de Ribadeo coñecimos uns rapaces moi concienciados coa fala eonaviega, esta variante dialectal que se fala entre o Eo e o Navia. Grazas á súa axuda puidemos traducir o poema para pasar a ser "Pombía, la que nun yera", e agora está dispoñible para quen queira facerse cunha copia, do mesmo xeito que as variantes en castelán en galego. Se coñecedes alguén que viva no occidente de Asturias facédello saber 😉.
Para nós as linguas minoritarias, ou minorizadas, son fundamentales. Axúdannos a preservar saberes antigos e neste caso achegados ás nosas raíces. Foi fermoso ver como moitas das palabras usadas na versión do poema en eonaviego eran as mesmas que Lucía usara nos primeiros borradores, cambiadas na versión final para adaptarse á normativa do galego.

Mais á hora de promocionar o conto tamén nos levamos algunha decepción... Subimos un vídeo da presentación a Youtube, o mesmo que compartimos con vos hai uns días con algún engadido para fomentar a participación. Para chegar a máis xente, utilizamos unha ferramenta que pon a plataforma á disposición dos creadores para promocionar os seus traballos, podes pagar un diñeiro por cada usuario ao que se lle presente o video para chegar a mais xente. Por desgraza o noso video non foi aprobado, xa que está nun idioma que eles non soportan. Polo que se ve, soamente os videos en idiomas hexemónicos como o castelán ou o inglés son susceptibles desta axuda...
Por isto, a risco de esgotar a vosa boa vontade, estariamos super agradecidas se puiderades ir ao video que está ao fondo desta mensaxe (ou nesta ligazón) e darlle a "me gusta" ou vos suscribides á canle. Deste xeito, será igualmente presentado a mais persoas que igual se unen a apoiar o proxecto.
Por hoxe iso é todo, pronto teremos máis novidades. Moitísimas grazas de novo a todos e todas por participar! 💐
Comments
Inicia sesión para dejar un comentario








