¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Leiras de Progo, recuperando terras

Finished 09 / 12 / 2023
Funded!
Received
£ 14,143
Minimum
£ 7,593
Optimum
£ 17,660
109 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 6

    Colaboro!

    Agradecemento personalizado na web do proxecto.

    Desgravarías 5,6 € polo que o teu gasto real pode ser 1,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing £ 11

    Certificado dixital do castiñeiro

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecemento personalizado na web do proxecto
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore

    Desgravarías 10,4 € polo que o teu gasto real pode ser 2,6 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 23

    Apadriña/Amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • agradecemento nas nosas redes sociais
    • agradecemento personalizado na web do proxecto

    Desgravarías 21,6 € polo que o teu gasto real pode ser 5,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Co-financiers
  • Contributing £ 48

    Apadriña/amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto

    Desgravarías 44 € polo que o teu gasto real pode ser 11 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Co-financiers
  • Contributing £ 67

    Apadriña/amadriña un castiñeiro cun calendario 2024
    • un exemplar de CeosGalegos24, un fermoso calendario mural con imaxes do ceo
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore
    • mención pública na web do proxecto

    (Envíos só a España)

    Desgravarías 61,6 € polo que o teu gasto real pode ser 15,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 82

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e lote de castañas
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € polo que o teu gasto real pode ser 19 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 130

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e unha nogueira
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € polo que o teu gasto real pode ser 30 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing £ 139

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 738

    Señor/a da Montán
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo
    • o teu nome aparecerá nunha placa que incluiremos no peche da leira da Montán
    • compartes a nosa mesma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser o/a noso/a donante honorífico/a, participar na toma de decisións, acceso ao proxecto completo e estarás informado dos avances que vaiamos acadando.

    Desgravarías 365 € polo que o teu gasto real pode ser 485 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers

O noso segundo aniversario

22 | 10 | 2025
O noso segundo aniversario

Dous anos xa disto. Ou aínda, depende da perspectiva.

Lembrades? Imos plantar castiñeiros. Supoño que vos pasaría cando o comentabades na casa ou cos amigos: “iso tarda moito en medrar”, “castañas para os teus fillos, non?”. Ben pensado, o máis seguro é que non llo comentárades a ninguén, por se acaso.

Hoxe, 22 de outubro de 2026, ás 17:30, apañamos medio quilo de castañas da variedade xudía dun castiñeiro plantado en febreiro de 2024, enxertado en clon híbrido 111, pertencente ao proxecto de crowdfunding «Leiras de Progo», co que colaborastes.

Queredes que volo repita? Brevemente: hoxe apañamos as primeiras castañas.

Foi duro, está a ser duro. Entre outros problemas, levamos cos dous veráns máis secos desde que temos rexistros meteorolóxicos (os nosos datos só son de 15 anos atrás). Supoñemos que a partires de agora será a nota dominante. E aínda non demos feito o do rego por goteo, polo que seguimos regando de xeito manual.

Máis dureza? Un dos lotes que plantamos (60 castiñeiros) secaron o ano pasado nun 90 %. Ademais, os que viñestes á xornada de portas abertas que fixeramos na primavera de 2024 escollestes, case todos, un exemplar dese lote; xa podedes xogar a lotaría. Por unha parte, o viveiro quedou en repoñer bastantes deles, se ben o inverno anterior agardamos por se algún deles reagromaba. Por outra, por iso non enviamos aínda os diplomas de “padriño/madriña dun castiñeiro”. Estivemos a documentar para os que non viñerades en persoa a escoller o voso, pero non tivemos tempo de facelos todos de vez.

Medio quilo de castañas pode parecer pouco para unha plantación de máis de 300 castiñeiros. De certo. Pero estimamos que 50 deles xa teñen este ano ourizos, aínda que moitos non os deron criado e estamos quitándollos para non ter problemas de rotura da árbores, que son algo febles aínda. E pensade que teoricamente comezaría a produción a partires do terceiro, cuarto ou quinto ano. Isto foi un ano despois de plantados. Por que? En parte, porque moitos dos castiñeiros xa tiñan varias saivas (e foron ben caros). En parte, por algo de sorte, que tamén axudará. En parte, quizais fixemos algunha cousa ben (ao mesmo tempo que fixemos moitas mal).

Para o caso, o máis seguro é que o no outono de 2026 poidamos enviar a todos/as os/as padriños/madriñas a primeira produción do voso castiñeiro, no caso de que no momento do crowdfunding escollérades esa recompensa. E iso está moi ben.

O que comezamos coa vosa axuda en 2024 (o voso aporte para poñer en marcha esta leira da Montán), fixo que daquela tamén puideramos crear as leiras da Besada, A Senra mailo Cabezo. No inverno pasado tiramos para adiante e creamos as leiras da Coroceira, A Ribeira Abaixo, As Fontenlas mailos Rebouzos. Tampouco vos emocionedes moito, deben ser unhas 4 hectáreas en total. Todas estas leiras foran abandonadas hai varias décadas. Non son todas nosas, claro, nin as mercamos. Nalgún caso xuntamos algunha nosa con arrendamentos simbólicos a veciños que se prestaron a iso. Se vos soa o nome da Coroceira foi a que ardeu por completo en agosto, por se vos soa o conto. Na Ribeira Abaixo tamén nos arderon media ducia de concheiras e dúas ducias de oliveiras (razas galegas), a metade das que plantaramos o ano pasado para experimentar. Se todo vai ben, este ano tentaremos ampliar algunha delas e, falando cun par de veciños, poida que cheguemos a novos arrendamentos para sumar máis leiras ao proxecto.

A mellor novidade foi que mercamos (con bastante esforzo, a pesares de segunda man) un compañeiro de andainas que vai traballar connosco a partires de agora. Así alixeiramos algo o lombo, que cada ano pesa máis. Na imaxe vedes un “intento” de imaxe corporativa para o proxecto. Foi con mala intención, querïamos estimular ao noso amigo deseñador gráfico un pouco para nos facer unha imaxe corporativa algo máis decente (outra das razóns polas que estamos a adiar o envío dos diplomas).

E, a seguir, claro.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario