About this project
La importancia de la comunicación en el hogar para combatir el acoso escolar.
Show list of needs
Infrastructure | Minimum | Optimum |
---|---|---|
Distribución internacional
Importe para pagar inscripcións de festiváis e á distribuidora para darlle visibilidade ao proxecto.
|
£ 1,689 |
Task | Minimum | Optimum |
---|---|---|
Montaxe
Importe para pagar o soldo da montadora, que engadirá unha terceira escritura ao proxecto, para que todos os esfrozos volcados no guión e na dirección acaden a forma axeitada.
|
£ 507 | |
Posprodución
Importe para pagar a posprodución de cor e a posprodución de son para acadar o resultado máis profesional posible.
|
£ 1,013 | |
Efectos especiáis visuáis
Esta partida estará destinada a reforzar o efecto visual físico que levamos a cabo na rodaxe á hora de quitarlle a cella á nosa actriz.
|
£ 507 | |
Banda sonora
A banda sonora e crucial nun proxecto para definir o ton, as intencións e a emotividade de cada secuencia.
|
£ 422 | |
Guión
Para recomensar económicamente o guión que foi implícito na dirección de Alicia Úbeda e ao que tanto traballo e esforzo adicou.
|
£ 422 | |
Materiais gráficos
Para complementar a campaña de distribución por festiváis e moi importante facer unha boa campaña en redes sociais e ter os materiais precisos para acadar unha estética coherente co proxecto.
|
£ 422 | |
Salarios capitalizados na rodaxe
Para remunerar a aquelas profesionais que traballaron desinteresadamente no proxecto pero con quenes acordamos que tentaríamos remunerar o seu traballo.
|
£ 422 | |
Total | £ 4,138 | £ 5,405 |
General information
Presentación:
Somos a equipa de RATIÑA (unha curtametraxe de Alicia Úbeda rodada na Coruña en xullo de 2024), formado por Alicia e as produtoras Brava e Mordisco Films. Buscamos darlle un último empuxón económico a este proxecto tan especial, que trata sobre unha cara pouco coñecida do ACOSO ESCOLAR: como se xestiona na contorna familiar, especificamente cando a propia familia non se desenvolve con soltura na xestión emocional.
Ratiña é un curtametraxe social e intimista que aborda temas como o acoso escolar, a xestión emocional e a relación entre nenos e pais, narrado en galego para cubrir un baleiro no audiovisual da lingua. Combina un enfoque minimalista e poético cunha narrativa realista, dirixida tanto a un público infantil como adulto.
As súas fortalezas destacan na capacidade de xerar debate educativo e conectar con espectadores que buscan historias sensibles e de autor. Como posible debilidade, o seu estilo reflexivo pode non captar públicos menos habituados a este tipo de narrativa.
Actualmente temos os materiais gravados, pero aínda quedan algúns pasos por completar: finalizar a montaxe, realizar a posprodución de son e de cor, aplicar retoques dixitais (VFX), compoñer a banda sonora e contar cun remanente que nos permita distribuír Ratiña por festivais. Para levar a cabo todo isto de maneira profesional, precisamos recadar 6.000 euros.
O noso obxectivo é que o resultado técnico de Ratiña cumpra cos estándares da industria, permitindo que a curta teña un lugar destacado entre outras pezas audiovisuais e dispoña das mesmas opcións de distribución que proxectos con maiores orzamentos.
Somos unha equipa nova comprometida coa creación de espazos para novas voces e talentos emerxentes, apostando por traballar de maneira ética e evitando a precarización que adoita caracterizar este sector.
Pedimos o voso agarimo e a vosa colaboración para acabar Ratiña como cremos que se merece esta historia!
Sinopse de Ratiña:
VELIA (7) mírase ao espello uns instantes, antes de afeitarse a cella dereita cunha coitela. MARÍA (25) entra no baño pillándoa por sorpresa. Velia non sabe que dicir. Que fai na cella? E por que voltou coller as súas cousas sen permiso? A nena négao todo. "Daquela ímosllo dicir a teu pai". No salón, María e JOSE (50) póñense a falar sobre se a nena minte ou non minte, perdendo o foco do ocorrido nun conflito que cada vez ten máis que ver con eles e menos con Velia. Ela queda nun segundo plano, e ninguén se decata cando marcha da habitación, allea á conversa dos adultos. Cando deita á súa filla, Jose intenta averiguar por que se quitou a cella: "vai algo mal, ratiña?". Ela síntese culpable polo conflito xerado, e volta negar que quixera facer nada diso. Preocúpase máis por como está seu pai. Ó día seguinte, María leva á nena ao colexio. Explícalle que onte non soubo reaccionar, todo isto é novo para ela. Velia non ten nada que disculpar, ela tamén se sinte mal polo que pasou. Pero á entrada da escola, pídelle a María que non a acompañe ata a fila. Entra soa no recinto, e agardando na cola a que soe a serea, todo cobra sentido. Os seus compañeiros empúrrana, mentres lle berran: "regala cellas, cellas raras, rata peluda!".
Main features and goals of the crowdfunding campaign
PUNTOS FORTES
Temática relevante e actual
Ratiña aborda o acoso escolar, un tema cada vez máis recoñecido pola súa importancia social, e contribúe á súa visibilización no ámbito cultural, algo esencial para fomentar o cambio.
Contido pouco representado en Galicia
O audiovisual galego precisa diversificarse para diferentes públicos. Ratiña destaca ao centrarse na infancia, un eido aínda pouco explorado na nosa contorna.
Proposta artística innovadora
O deseño de arte mestura diversas disciplinas e conta cunha achega cultural significativa mediante a obra pictórica de artistas galegas. A participación da recoñecida Rosa Úbeda engade un valor de produción diferencial.
Aposta polo novo talento
O equipo técnico está composto por novas creadoras xa recoñecidas polos seus traballos anteriores. Ademais, Ratiña marca o debut dunha prometedora cineasta galega cunha carreira chea de proxectos viables.
Historia real e persoal
Baseada en vivencias propias, a curta asegura honestidade e rigor, engadindo interese pola súa autenticidade.
Participación de Luis Zahera
A implicación dun actor recoñecido como Luis Zahera fortalece tanto a calidade interpretativa como as posibilidades de promoción e distribución, aportando prestixio ao proxecto.
Equipo comprometido
A temática e a proposta creativa foron recibidas con entusiasmo polo equipo, o que se reflicte no agarimo e na profesionalidade investidos no proxecto.
OBXECTIVOS
Con Ratiña, preténdese cubrir unha necesidade no audiovisual galego: ofrecer contidos en galego sobre a infancia, un tema escasamente representado. Esta historia aborda cuestións fundamentais como o bullying e a xestión emocional cos pais, creando unha narrativa que busca conectar con nenos e adultos por igual.
Inspirada por experiencias persoais, a curta pretende ser unha ferramenta para proxectar en colexios e institutos, xerando debates sobre o acoso escolar e as súas consecuencias máis alá do ámbito educativo. Tamén se dirixe a un público adulto, especialmente a pais e nais, ofrecendo unha perspectiva externa sobre a importancia da comunicación emocional e o papel das figuras de referencia na vida dos nenos.
O obxectivo final é crear aquilo que nos faltou no pasado: historias en galego que non só entreteñan, senón que tamén acompañen e axuden a comprender emocións complexas. Ratiña aspira a ser unha contribución relevante no ámbito educativo e cultural, sen esquecer a súa intención de resonar nos circuítos do cine social e de autor.
Why this is important
MOTIVACIÓNS XERAIS DA MIÑA TRAXECTORIA
A miña motivación para crear cine nace do desexo de retratar con honestidade aquelas vivencias persoais que non están suficientemente representadas no audiovisual galego, ou que, cando se representan, adoitan facelo a través de estereotipos ou miradas superficiais. Quixera explorar temas como a familia non normativa, a adicción dentro dun contexto cultural e económico medio-alto, os sistemas de apego infantil e relacional, as relacións tóxicas, a deconstrución da masculinidade, e a xestión emocional en relación ás xeracións que conviven entre elas, moitas veces con patróns culturais opostos.
O cinema que imaxino navega entre a temática social, pero alonxándose dos tópicos habituais para achegarse a un estilo máis intimista e subxectivo. Creo que esta perspectiva é a característica máis distintiva do que escribo.
No caso de CHORIMA, considero que aínda non existe unha representación real de relacións pouco convencionais e da saúde mental vista dende o prisma do apego familiar, sen caer na romantización do amor tóxico, buscando en cambio a súa explicación psicolóxica e as súas orixes nas feridas persoais. En GARABATO, por outro lado, intento mostrar unha realidade sobre a ausencia das figuras paternas e o alcoholismo dende un enfoque cotián e terno, sen perder de vista a complexidade e contradición das vivencias da infancia. Quixera transmitir a idea de que é posible romper con certos patróns familiares e que estes non nos condenan a un destino fixo, mostrando tamén a realidade de moitos fogares onde os nenos se senten sós, co fin de ofrecer unha reflexión que permita mellorar os coidados e a atención ás persoas da nosa contorna.
PÚBLICO
Ratiña é unha curtametraxe para todos os públicos que busca atraer a aqueles interesados nun cine social, costumista e de autor. Con un carácter minimalista, mesturado con pinceladas poéticas, a súa perspectiva está ancorada na realidade inexorable, procurando encontrar verdades profundas e denunciar certas construcións sociais.
Definindo o público máis específico, pensamos que o público principal serán mulleres de 25-34 anos (adultas A) e 35-44 anos (adultas B), tanto de cidades como de núcleos rurais, aínda que predominantemente urbanitas de alto nivel sociocultural e educativo. Este perfil, denominado INDIE MOVIE SELECTIVES, é habitual no cinema de autor. Gustan do drama e das historias con personaxes femininos non arquetípicos como protagonistas, sendo moi selectivas nas súas eleccións cinematográficas. Este grupo ten un grande interese polo cinema europeo e mundial, e son cinéfilas fieis. A pesar de que para unha curtametraxe o espectro de público pode ser máis amplo e heteroxéneo, este perfil representa unha boa parte da audiencia potencial.
Team and experience
Alicia Úbeda. Guion, dirección, dirección de arte e vestiario
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, con título honorífico na súa promoción, e diplomada no Máster en Produción Executiva da Universidade da Coruña. Traballou como editora e guionista na produtora rusa Vimotion e como profesora de guion e dirección na escola audiovisual 35mm. Ten experiencia nos departamentos de dirección e produción de varias rodaxes, e editou os documentais Sueño e Memoria de un baile. Actualmente, prepara o seu primeiro proxecto como directora, Ratiña.
Bea Villar. Directora de produción
Diplomada no Mestrado en Produción Executiva da Voz (MPXA), traballa con Cristela Torres na produtora Brava desde 2023. Participou como directora de produción en proxectos como Os espazos en branco (Bruno Arias, 2022), O coidado (Miguel Canalejo, 2022), e Pringadas (Belén Puime, 2022). Tamén foi xefa de produción en Only on Earth (2022) e Prefiro condenarme (Margarita Ledo). Conta con ampla experiencia en organización e produción de festivais como Curtocircuito ou Intersección.
Cristela Torres. Produción Executiva
Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, con máster en xornalismo e MBA na USC. Ten formación en produción e xestión de proxectos audiovisuais (ATRESMEDIA, 2021). Produciu Amnesia 3.0 (Irene Pin, 2020-22), primeira serie interactiva en galego, e curtametraxes como Somos Cárcere (Irene Pin, 2021) ou III Marías (Andrea Bouzo, 2021). Actualmente, é a produtora executiva de A previa (Belén Puime, 2022) para CRTVG e prepara novos formatos para AGalega.
Alberto Díaz. Produción Executiva
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Rey Juan Carlos, con máster europeo en Estudos sobre Cinema. Gozou dunha bolsa de arte contemporánea na Real Academia de España en Roma, e obtivo unha das bolsas talento da AGADIC polo proxecto Exhalación. É fundador da produtora Mordisco Films e da distribuidora de curtametraxes Yaq Distribución. Como produtor, leva máis de 2120 seleccións e 390 premios en festivais internacionais, e é produtor de longametraxes como Dous Amigos e A dente de can (estreado no festival de Sevilla).
Sabel Brand. Axudante de dirección
Carmen Chamadoira. Script
Andrea Louzao. Dirección de fotogrfía
Ramón Martínez. Axudante cámara
Paula Varela. Gaffer
María Selgas. Atrezzista
Aroa Ferreiro. Xefatura de son
Inés Sánchez. Maquillaxe
Mario Horro. Coach infantil
Laura Piñeiro. Montadora
Cor, posprodución de son, VFX por determinar.
ELENCO:
Luis Zahera. Jose (pai)
(En participación desinteresada co obxectivo de apoiar as novas voces femeninas do cinema galego)
Sara Ferro. María (parella do pai)
Carmen García. Velia (filla)
Social commitment
Creating culture
"Ratiña" es un cortometraje gallego que pone el foco en cómo se gestiona una situación de acoso escolar en el hogar de Velia, una niña de 7 que sufre burlas por su aspecto físico. Velia tiene un comportamiento incomprensible para el padre y su pareja, porque no sabe pedir ayuda ante la situación que vive. Poco a poco, entendemos que los adultos con quienes convive tampoco son capaces de comunicarse entre ellos. ¿Cómo podríamos esperar que Velia sepa pedir lo que necesita? Este proyecto quiere hacer reflexionar a madres, padres y cuidadorxs sobre la importancia de la gestión emocional, y el ejemplo que tenerla en cuenta puede dar a las más pequeñas. "Ratiña" es la ópera prima de la directora coruñesa Alicia Úbeda Suárez, cuyos otros proyectos escritos tratan también sobre experiencias de infancia que nos marcan como adultas. El cortometraje ha sido rodado en julio de 2024 con un equipo de talentos jóvenes, y tenemos unos materiales muy prometedores. Necesitamos vuestro apoyo para afrontar la postproducción (montaje, sonido, color) y la distribución del proyecto. Creemos que debe existir cine de esta temática y con este enfoque, y queremos que el resultado esté dentro de los estándares de la industria y que tenga un espacio digno dentro de la misma.