Apoia a unha cooperativa Ourense para continuar recuperando soutos centenarios

  • Location Manzaneda, Ourense, España
Finished 16 / 12 / 2023
Funded!
Received
£ 6,090
Minimum
£ 4,714
Optimum
£ 7,925
143 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 8

    Nome nun roller/web

    Desgravarías 8 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 2 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 12 Co-financiers
  • Contributing £ 13

    Nome nun roller/web + folerpas

    Desgravarías 12 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 3 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 34 Co-financiers
  • Contributing £ 25

    Nome nun roller/web + folerpas + bolsa de tela

    Desgravarías 24 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 6 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
    • Bolsa de tela Amarelante.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 32 Co-financiers
  • Contributing £ 50

    Nome nun roller/web + 200 gramos de folerpas + bolsa + bica

    Desgravarías 48 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 12 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
    • Bolsa de tela Amarelante.
    • Bica de castaña elaborada pola nosa cooperativa.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 38 Co-financiers
  • Contributing £ 83

    Nome nun roller/web + folerpas + bolsa + visita souto e merenda (2 persoas)

    Desgravarías 80 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 20 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
    • Bolsa de tela Amarelante.
    • Paseo por soutos recuperados pola nosa cooperativa para coñecer in situ a nosa tarefa de coidado de castiñeiros centenarios.
    • Merenda entre castiñeiros.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 18 Co-financiers
  • Contributing £ 125

    Nome nun roller/web + folerpas + bolsa + visita souto e merenda (2 persoas)+ aloxamento en albergue (2 persoas)

    Desgravarías 120 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 30 euros. Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa olaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
    • Bolsa de tela Amarelante.
    • Paseo por soutos recuperados pola nosa cooperativa para coñecer in situ a nosa tarefa de coidado de castiñeiros centenarios.
    • Merenda entre castiñeiros.
    • Aloxamento dunha noite en albergue.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 02 Co-financiers
  • Contributing £ 250

    Nome nun roller/web + folerpas + bolsa + visita souto e merenda (2 persoas) + aloxamento en albergue (2 persoas) + cea + bica

    Desgravarías 172,5 euros (devolveranchos na declaración da Renta), polo que o teu gasto real é de 127,5 euros.Consulta en https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    Coa túa colaboración contribúes a que poidamos seguir recuperando e coidando soutos centenarios.

    • O teu nome aparecerá nun roller que levamos as todas as feiras.
    • O teu nome constará na nosa páxina web como mecenas deste proxecto.
    • Recibirás 200 gramos de folerpas de castañas, perfectas para os teus almorzos.
    • Bolsa de tela Amarelante.
    • Bica de castaña elaborada pola nosa cooperativa.
    • Paseo por soutos recuperados pola nosa cooperativa para coñecer in situ a nosa tarefa de coidado de castiñeiros centenarios.
    • Merenda entre castiñeiros.
    • Aloxamento dunha noite en albergue.
    • Cea.

    Para poder enviarche a túa recompensa, así como recibir o certificado de doazón, é importante que cubras ben os formularios antes do proceso de pago. Non esquezas o enderezo

    > 03 Co-financiers

About this project

Colabora con nós no lanzamento dun novo produto: copos de castaña

Needs Infrastructure Minimum Optimum
Deseño da imaxe
Precisamos definir unha imaxe que identifique este novo produto seguindo a liña comercial do resto e da imaxe corporativa da cooperativa. O público obxectivo debería identificar este novo produto con Amarelante e o seus principios cooperativos e de economia social e solidaria.
£ 250
Needs Material Minimum Optimum
Packaging
Un dos principios da cooperativa é a sustentabilidade ecolóxica, por iso buscaremos envases e etiquetado de baixo impacto ambiental, sempre garantizando a calidade do produto e a súa correcta conservación (este orzamento inclúe envase e etiquetado autocolante a unha cor).
£ 1,251
Amasadora industrial
Con capacidade entre 30-40 litros, necesaria para preparar a masa.
£ 751
Laminadora
Para realizar láminas coa masa de tipo mecánico.
£ 793
Forno
Forno pasteleiro para fornear a masa das folerpas.
£ 1,669
Lavalouzas industrial
No que lavar todos os utensilios necesarios para elaborar os produtos. Esixido por lexislación para a limpeza idónea dos materiais de traballo.
£ 709
Needs Task Minimum Optimum
Campaña publicidade en Redes
Accións de promoción a través das nosas redes sociais para dar a coñecer o novo produto (3 meses de campaña).
£ 417
Accións de promoción
Accións de promoción en mercados onde xa dispoñemos de clientes; pequeño comercio local, comaarca de trives, Valdeorras, Ourense, Vigo e Santiago (3 accións de promoción)
£ 834
Accións de promoción (novos clientes)
Accións de promocións en mercados onde aínda non temos presenza pero que o lanzamento deste produto pode fomentar o aumento de clientes, sempre priorizando o pequeño comercio local (3 destinos/clientes novos).
£ 417
Asistencia a Feiras sectoriais e de produto locais en Galicia e fora de Galicia
Para dar a coñecer tanto o novo produto como as castañas, bica e fariña de castaña, así coma o traballo de recuperación de soutos da cooperativa.
£ 834
Total £ 4,714 £ 7,925
Necessary
Supplemental

General information

Amarelante é unha cooperativa de explotación comunitaria da terra creada en 2013 en Manzaneda (Ourense) para a recuperación de soutos abandonados e a elaboración de produtos a partir da castaña. Somos oito socias que buscan revitalizar o rural galego de montaña nunha zona moi despoboada e envellecida (en 114 quilómetros cadrados vivimos pouco máis de 800 persoas).

Fai dez anos que comezamos a nosa particular aventura entre castiñeiros convencidas das súas posibilidades e de que é posible vivir no rural, non sobrevivir. Durante este tempo puxemos en producción dez hectáreas de soutos que levaban moitos anos abandonados a través dun sistema de aluguer ou cesión cos seus donos, lanzamos ao mercado tres produtos (castañas secas, fariña de castaña e bica), participamos en varios proxectos de investigación coa universidade e centros de investigación, mecanizamos o noso procedemento de secado de castaña, participamos en charlas divulgativas, organizamos actividades sociais e culturais na zona… Sen embargo, a avispiña, a seca e o chancro fixeron que a produción merme ano a ano, ata o punto de que a última colleita foi ata un 85 % menos do habitual. Esta situación levounos a un punto de estancamento no que necesitamos realizar unha inversión para consolidar e impulsar o proxecto. Amarelante necesítate! Contamos contigo para poder seguir recuperando castiñeiros centenarios, lanzar novos produtos ao mercado e consolidar a nosa cooperativa para ofrecer unha alternativa real na que vivir no rural galego.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Como as últimas campañas foron tan malas debemos empregar de forma eficiente a nosa materia prima, lanzar ao mercado novos produtos elaborados con castaña e darlle así un valor engadido a un froito que cada ano é máis escaso. Ata o momento fixémolo coas castañas secas, a fariña e a bica. Agora desde Amarelante temos en marcha outro proxecto para o que necesitamos da túa colaboración.

Lanzamento ao mercado duns copos de almorzo de castaña: como resultado da nosa participación no proxecto “Desenvolvemento de novos produtos da dieta atlántica derivados da castaña”, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) de Galicia, queremos lanzar ao mercado este novo produto derivado da castaña. Trátase duns copos para o almorzo (folerpas) que representarían unha nova opción saudable para os consumidores e consumidoras. Contamos coa receita e o procedemento de elaboración, pero non coa inversión necesaria para lanzalos ao mercado.

Para iso necesitamos invertir no acondicionamento do noso obrador, así como nunha serie de maquinaria e equipamento básico (amasadora, laminadora, forno e lavalouzas). Asimismo, e co obxectivo de dar a coñecer este novo produto tanto entre a nosa clientela actual coma potencial, temos previstas accións de promoción a través de redes sociais, feiras sectoriais e visitas directas a establecementos, priorizando sempre o pequeno comercio local.

p9120124w-1.jpg pa180130w.jpg

Why this is important

Colaborar con Amarelante é facelo cunha cooperativa baseada na xustiza social, a sustentabilidade, o ecoloxismo, o feminismo e o respecto polo medio rural.

Además, estarás axudando a:

  • Recuperar soutos centenarios a través de poder continuar coa principal actividade da cooperativa que é o coidado, limpeza e posta en valor de castiñeiros que levan anos abandonados.
  • Colaborar, grazas á recuperación de soutos, nunha das mellores estratexias contra os lumes forestais.
  • Coidar zonas con gran valor medioambiental, fomentando a biodiversidade e loitando contra a mudanza climática, conservando un recurso vital para o turismo mais tamén para a paisaxe e a cultura que nos identifica coma pobo.
  • Conservar o noso patrimonio natural amosando, ó mesmo tempo, que outra xestión do monte é posiblefronte á plantación masiva de eucaliptos.
  • Impulsar un proxecto agroalimentario que aposta pola sostenibilidade, a economía circular, social e colaborativa e a elaboración de produtos con valor engadido, asemade potenciar o sector da castaña incorporando ó mercado novos xeitos de consumila.
  • Manter un proxecto económico e social de defensa do rural nunha zona de montaña fortemente envellecida e despoboada.
copia-de-pa170076w.jpg p5300079w.jpg

Team and experience

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega naceu no ano 2013. Somos unha cooperativa de explotación comunitaria da terra ubicada no concello ourensán de Manzaneda. Entendemos o noso proxecto como unha ferramenta de transformación social que vai moito máis alá do beneficio económico. Apostamos por impulsar o rural, cunha visión integradora que combine tradición e innovación. E facémolo a través dos nosos recursos propios para que un produto tan importante como a castaña non quede en mans de grandes empresas que a venden a outros países, onde se transforma para obter un maior beneficio.

img-20201208-wa0001.jpg dsc-1320w.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss